Catoira pendente do posible pacto entreo BNG eo PP

CATOIRA> Catoira pendente dun posible pacto histórico. O BNG e o PP sentaranse a negociar para tentar arrebatarlle a alcaldía ao socialista Alberto García. O popular Ivan Caamaño asegura que estarían dispostos a cederlle o bastón de mando aos nacionalistas se chegasen a un acordo.

O concello de Catoira está pendente do que podería ser un pacto histórico entre dúas formacións ideoloxicamente opostas. Tanto o BNG como PP da vila queren ao socialista Alberto García fora da alcaldía. O resultado electoral do 26 M abre esta vía grazas aos 3 concelleiros que conseguiron ambos partidos.

Os populares advirten que a única vía é mediante o diálogo e as negociacións. O que non farán é regalarlle a alcaldía ao nacionalista Xan Castaño.

Ivan Caamaño asegurou que de chegar a un acordo estarían dispostos a ceder a alcaldía ao BNG. O líder dos populares defendeu as opcións do seu partido.

Dende o PP de Catoira afirman que contan co apoio do seu partido para pactar libremente e esperan que os nacionalistas fagan o mesmo.

Por parte do BNG, a portavoz nacional, Ana Pontón, declarou que o seu partido non vai apoiar nin negociar con ningún partido de dereitas. Agora, depende de Xan Castaño obedecer a súa formación ou conversar cos populares.