Vilagarcía evita polémicas prescindindo da solta de globos no 25 aniversario da Toma das Uvas

VILAGARCÍA> Vilagarcía celebrará a chegada de 2026 coa xa tradicional Toma das Uvas. Unha cita que este ano promete moitas sorpresas, na conmemoración do seu 25 aniversario. Carlos Blanco e Erea Hierro conducirán un acto no que ademais de recibir o ano novo 12 horas antes con uvas, gominolas e cava;  aproveitarase para “rebobinar” e ver como fondos cambiando ao longo deste último cuarto de século. Tampouco faltará a música e a animación, con Somoza Trío ou Nelson Quinteiro.

1998 está marcado para sempre na memoria colectiva de Vilagarcía como o ano no que se instaurou na cidade toda unha tradición. 25 anos despois, a vila vivirá ao grande a súa xa tradicional Toma das Uvas, coa que reciben o ano novo 12 horas antes.

E na conmemoración deste 25 aniversario da Toma das Uvas, prometen moitas sorpresas. A cita arrancará xa ás 11, nun acto conducido por Carlos Blanco e Erea Hierro, no que aproveitarán para botar a vista atrás e ver como foi mudando todo neste tempo.

E con uvas, cava e gominolas daranlle a benvida ao 2026 ás 12 do mediodía. A partir de aí, moita música e tamén sorpresas.

Ademais, coincidindo con este 25 aniversario o concello ten previsto unha posta en escena especial con eses globos que nun primeiro momento ían soltar. Di o alcalde que eran respectuosos coa contorna pero que, vista a polémica, decidiron darlle unha volta.

Formacións como Esquerda Unida e o BNG amosaran o seu rexeitamento a esta solta de globos, así como ao elevado gasto que -segundo denunciaron- supón, xa que custará uns 10.000 euros.