Concello de e Xestur xestionarán a ampliación do polígono do Pousadoiro

    O Concello de Vilagarcía e Xestur xestionarán a ampliación do polígono industrial do Pousadoiro. A totalidade das parcelas xa foron comprometidas, segundo informou o xerente de Xestur ó alcalde Javier Gago.

    A entidade pública para o desenvolvemento de solo industrial de Galicia Xestur estudiará a posibilidade de ampliar o polígono do Pousadoiro, unha vez que a totalidade das parcelasque integran esta área industrial xa están comprometidas. Para isto, Concello de Vilagarcía e Xestur colaborarán á hora de negociar cos propietarios dos terreos que se ocuparían na ampliación do polígono.

    Este foi un dos asuntos abordados na reunión mantida esta semana entre o alcalde Javier Gago e o novo xerente de Xestur, Emiliano Quintillán. O rexedor vilagarcián explicoulle que as obras de dotación de servizos ó polígono xa foron adxudicadas a Espina y Delfín, que comezará a executalas neste mes.

    No encontro tamén se falou do estado de tramitación urbanística que queda pendente, como pode ser a presentación da documentación para a reparcelación e segregación de parcelas para adxudicarllas ós propietarios e a entrega ó Concello dos viais, zonas verdes e equipamentos.

    O polígono do Pousadoiro ten unha superficie de 210 mil metros cadrados e a súa creación supuxo un investimento duns catro millóns de euros, ós que hai que engadir os algo máis de 800 mil euros que custa a dotación de servizos de saneamento e abastecemento de auga.

    Redacción Salnés