As artes protagonizan o Simposio LGTBI de Cambados, que volve ao formato presencial

CAMBADOS> As artes serán o eixo condutor do Simposio LGTBI de Cambados. Cine, fotografía ou música serán algúns dos campos que se aborden no encontro, que chega este ano á súa quinta edición. Ademais, o simposio recupera o seu carácter presencial. Regresa a Exposalnés, iso si, con capacidade limitidada.

Cambados prepárase para unha nova edición do Simposio Internacional LGTBI Galicia. O evento recupera o seu formato presencial, centrado este ano nas artes.

A xornada, prevista para o vindeiro 6 de novembro, incluirá diferentes intervencións sobre distintos campos. Na parte interncional, A Arxentina é este ano a protagonista, coa vistia de Natalia Pizzuto para falar de música e Tomás Litta, sobre literatura. Na parte galega, salienta -por exemplo- Carolina Smith.

Colaborando como sempre nesta iniciativa, o Concello de Cambados. A súa alcaldesa entende que o Simposio Internacional é unha ferramenta moi valiosa para visibilizar e naturaliza-lo colectivo, tendo en conta ademais o repunte das agresións físicas e verbais contra as persoas LGTBI.

Trala edición virtual do ano pasado, o Simposio Internacional LGTBI Galicia volve a Exposalnés. Vaino facer, iso si, cunha capacidade máxima de 70 persoas que deberán inscribirse previamente a través de correo electrónico ou vía telefónica.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí