‘Non recibimos unha comunicación oficial que prohiba os debates’

    puertas_pleno_aberto_copia100.jpgVILAGARCÍA> A candidatura de  Puertas arremeteu contra a presidenta do Comité Organizador do Congreso, Marta Rodríguez Arias. As acusacións, fan referencia ó cara a cara que se celebrou fai unha semana nesta canle, e o previsto para o día 8.

    {flowplayer}images/salnes/RESPOSTA_DEBATE.flv{/flowplayer}

    Non recibimos comunicado ningún do Comité Organizador, no que se non prohiba ou advirta do inconveniente de asistir a debates, ata 4 días despois do celebrado en Canal Rías Baixas. Así comeza a nota de prensa enviada pola candidatura de Javier Puertas como resposta á rolda de prensa de Marta Rodríguez Arias e a secretaria provincial, Begoña Estévez.

    Pregúntanse por que se lle informou con anterioridade á candidatura de Tomás Fole, mentres o equipo de Puertas descoñecía esta decisión. Fai unhas semanas, no programa Pleno Aberto, Tomás Fole aprazaba a invitación ó debate do día 8 á espera do que decidira o Comité Organizador. Unha semana antes, no mesmo programa, Javier Puertas, mostraba a súa disposición a acudir a esta casa ó cara a cara. Con esta diferenza de criterios saltaban as alarmas nos medios de comunicación.

    O luns, a presidenta do COC e a secretaria provincial, informaron, baseándose no regulamento marco do congreso, da prohibición de acudir ós debates, pero si autoriza a dar declaracións por separado. Sen embargo, a candidatura de Puertas mantén que non atoparon no regulamento ningún punto no que se dean razóns polas que non se poda debater.

    Aseguran que lles sorprende que Rodríguez Arias cualifique de confrontación o programa de a 7 Canal Rías Baixas, pero lle pareza apropiado o mesmo formato feito dunha radio arousá, ó que si acudiu Fole.

    Dende o equipo de Javier Puertas, definen a xestión de Marta Rodríguez de personalista e interesada, e a acusan de non contar co resto do Comité Organizador para debater a cuestión dos cara a cara antes de saír nos medios.

    Dende informativos de Canal Rías Baixas nos puxemos en contacto coa presidenta do COC e número 4 do PP de Galicia pero non quixo facer declaracións ata estudar detidamente as declaracións vertidas pola candidatura de Puertas.

    Redacción Salnés