SOS Sanidade Púbica agarda unha respota masiva na manifestación de Vilagarcía

VILAGARCIA> SOS Sanidade Pública agarda unha resposta masiva da comarca para a manifestación convocada en Vilagarcía o vindeiro 14 de outubro. Algúns concellos porán a disposición da veciñanza autobuses para quen ninguén se perda a mobilización. Dende a plataforma agardan que sexa un berro unánime que poña de manifesto que a mala situación sanitaria do Salnés xa traspasou todos os límites.

A plataforma SOS Sanidade Pública continúa mobilizándose para reclamar unha sanidade digna en toda Galicia e, especialmente, no Salnés. Xa que a comarca é a que atravesa a peor situación sanitaria de toda a comunidade. Para mostrar que xa están fartos da situación, a plataforma ten convocada unha manifestación masiva para o vindeiro 14 de outubro en Vilagarcía.

Dende a plataforma agardan unha gran resposta, xa que os propios concellos poñerán autobuses a disposición da veciñanza para viaxar a Vilagarcía.

A plataforma agarda que a manifestación sexa un berro que poña de manifesto que a mala situación do Salnés xa traspasou todos os límites.

Ademais da manifestación, dende a plataforma continúan recollendo sinaturas para presentar unha iniciativa no parlamento galego. Este luns a recollida tivo lugar en Ribadumia.

A mala situación sanitaria do Salnés queda patente en concellos como o de Meis. Este luns a súa alcaldesa denunciou a vila conta só cun médico. Por iso invitou a toda a veciñanza a que apoie a manifestación do venres para mudar a situación.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí