A comunidade educativa de Cambados péchase no Cabanillas

     CAMBADOS> Trátase dun peche simbólico co que rexeitan a política de recortes do goberno central en materia de educación

    {flowplayer}images/salnes/PecheIesCabanillas_230413.flv{/flowplayer} 

    Tal e como anunciou a semana pasada, a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público iniciou un peche simbólico en contra dos recortes do goberno central. Este peche tivo lugar no IES Ramón Cabanillas de Cambados. Comezou ás 18 horas a e rematará mañá, ás 10:00.

    O peche iniciouse con despregamento dunha pancarta na que se rexeita a LOMCE. Trátase dunha protesta, na que toman parte profesorado, pais e alumnos, que se está a realizar de xeito rotatorio en distintas comarcas de Galicia dende comezos de abril e que rematará nun centro de ensino de Pontevedra o día 26, acto no que se explicarán as razóns que levan a este colectivo a convocar unha folga no ensino público para o 9 de maio.

    E é que dende a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público queren que sexan escoitados para que non saia adiante a Lomce, a nova lei de educación que segundo eles é a “lei do retroceso”. Aseguran que dificultará o acceso a estudios de formación profesional e universitarios ós alumnos e que trátase dunha lei que segrega e discrimina e familias e estudiantes. 

    Neste peche no Cabanillas realizáronse diferentes actividades ó longo do mesmo. Leuse un manifesto, proxectáronse vídeos de contido educativo e realizáronse debates sobre a situación actual da educación en España.

    Redacción Salnés