O Liceo Casino recibe da Deputación axudas para Cultura e Deportes

    liceo_vilagarcia_100_020610 copy.jpg VILAGARCÍA> O vicepresidente provincial coñeceu á nova directiva e entregoulle a subvención correspondente ó Certame Audiovisual do 2009.

    {flowplayer}images/salnes/LICEO_VILAGARCIA_020610.flv{/flowplayer}
     
    O recente cambio na Xunta Directiva do Liceo Casino non suporá un inconvinte para que entidade e Deputación de Pontevedra sigan mantendo unha boa sintonía como ata agora. Cando menos, isto foi o que tratou de transmitir o vicepresidente provincial ó equipo encabezado por Alfonso Saavedra durante a visita ás instalacións da entidade. José Juán Durán aproveitou este acto para entregar a Saavedra a axuda económica coa que financiar o Certame Audiovisual do Liceo celebrado en novembro do ano pasado. Pero non será a única. Nos vindeiros días a Deputación faralles chegar a resolución coas axudas para o Deporte Federado por un importe de 14.000 euros.
     
    A directiva do Liceo apuntou que xa están pensando nalgunhas novidades para o certame deste ano, como adiantalo ó mes de outubro para facelo coincidir co inicio do curso académico nas Facultades de Comunicación Audiovisual. Tamén intentarán darlle proxección internacional, irmanando o evento co festival de curtas ‘DOX DF’, que se celebra en México.
     
    José Juan Durán puntualizou que a axuda destinada a este certame é de continuidade, por a areca de cultura da Deputación decidiu incluíla como partida nominal nos orzamentos do organismo.
     
    Redacción Salnés