Noia implantará a zona azul en varias rúas do casco urbano

NOIA> Noia implantará a zona azul en varias rúas do casco urbano para favorecer a rotación de vehículos en horario de mañá. Será de balde pero a duración do estacionamento limitarase a noventa minutos.

No último pleno, a corporación noiesa dou luz verde á ordenanza reguladora do estacionamento limitado das zonas azuis que se estenderá ós malecóns de Cadarso e Gasset, a rúa Rosalía de Castro na marxe dereita e na rúa Besteiros. Estará operativa de nove da mañá a tres da tarde cando o estacionamento terá unha duración limitada ós 90 minutos.

O concello reservará ademais 15 prazas de estacionamento en zona verde na parte superior do parquing da rúa Xuíz Falcone para residentes no casco histórico que se regulará mediante uns discos que repartirá o concello.

Con estas medidas, o executivo pretende mellorar a fluidez do tráfico no centro da vila, repercutindo positivamente no comercio e hostalería locais ó facilitar un maior movemento de vehículos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí