BARBANZA> O controvertido incremento do copago farmacéutico é xa unha realidade tralo acordo das medidas de axuste no gasto sanitario.
{flowplayer}barbanza/incrementocopagofarmaceutico.flv{/flowplayer}
Un dos puntos máis polémicos das medidas que ten previsto aprobar o goberno para reducir sete mil millóns de euros no gasto sanitario é a introdución do copago para pensionistas. Independentemente da prestación que perciban pasarán a pagar un dez por cento das receitas, o que supón, segundo os ingresos, entre oito e dezaoito euros mensuais.
División de opinións
Na rúa, esta medida divide á opinión pública. Para algúns supón un novo ataque do goberno contra un dos colectivos con menor capacidade adquisitiva.
Pola contra, son moitos os que ven con bos ollos esta aportación para garantir a sostibilidade do sistema público.
Ademais da introdución do copago para os pensionistas, aprobarase un incremento para os traballadores en activo que ingresen máis de cen mil euros ó ano. A partir de agora aboarán o sesenta por cento. Para as rendas inferiores mantense, como ata agora, o corenta por cento. Tan só quedan exentos do copago os parados sen prestación e os que reciben pensións non contributivas.
Eficiencia
Dende a plataforma en defensa da sanidade pública opóñense frontalmente a estes recortes e avogan por outras políticas baseadas na eficiencias dos recursos da sanidade pública.
Trala acordo pactado polo Ministerio de Sanidade coas comunidades gobernadas polo Partido Popular, a intención do goberno central é aprobar o axuste por decreto o próximo venres polo que a medida entraría en vigor de xeito inminente.
Redacción Barbanza