UXT e CCOO protestan contra o plan de axuste de Zapatero

    uxt_por_manifa100.jpgVILAGARCÍA> UXT e CCOO convocan unha manifestación para o día 8, en protesta polo plan de axuste de Zapatero.

    {flowplayer}images/salnes/uxt_por_manifa.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA> Os sindicatos UXT e CCOO de Arousa convocan unha manifestación para o vindeiro día 8 de xuño, para protestar contra as medidas do plan de axuste proposto polo presidente Zapatero.

    Os sindicatos están de acordo en que as medidas propostas polo Goberno central, no seu plan de axuste contra a crise, só provocarán maior paro por redución de emprego nas administracións, por novos despedimentos en empresas subcontratadas e por suposto, por menos consumo de produtos e servizos. Segundo UXT, deberían pagar as consecuencias da crise, quen as provocaron: bancos e o mesmo goberno.

    Dende UXT non se descarta convocar proximamente unha folga xeral. Polo de pronto, e conxuntamente con CCOO farán unha manifestación o vindeiro martes día 8. Sairá ás oito da tarde da Casa do Mar de Vilagarcía de Arousa e rematará na Praza de Galicia.

    Redacción Salnés