‘O Camiño do Barbanza. A Orixe’: o reclamo Xacobeo da Mancomunidade en Fitur

MADRID> En Fitur volve a estar presente tamén a Mancomunidade Barbanza Arousa. Alí, esta mesma tarde, presentaba a súa proposta turística, vinculada ó Camiño de Santiago, a través da ruta o Camiño A Orixe, que tamén pretende promocionar.

Barbanza-Arousa está a ter tamén o seu protagonism en Fitur, a onde chega co obxectivo de promocionar o seu destino turístico. A Mancomunidade volve a apostar por vincular a súa proposta coa tradición xacobea, a través da súa ruta O Camiño do Barbanza A Orixe.

Outro dos seus obxectivosd pasa por tratar de destacionalizar a súa oferta turística para tratar de extendela ós 365 días do ano, e non só á tempada estival.

Ademais da presentación oficial no stand de Galicia, Barbanza-Arousa ten previsto desenvolver ó longo dos días nos que se prolonga a feira diversas reunións con touroperadores e empresas do sector turístico para tratar de dar a coñecer  aínda máis esta zona cun innumerables atractivos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí