Boiro Novo insiste na paralización do actual proxecto do río Breiro

    BOIRO> Dende a formación consideran que se trata dun claro atentado ecolóxico, xa que se está a producir unha tala indiscriminada de árbores autóctonas que se atopan neste bosque de ribeira. A pesar de non estar en contra da actuación, dende Boiro Novo consideran que as formas nas que se están a desenvolver as obras non son as correctas, de aí que esixan a súa paralización. Para Boiro Novo resulta tamén bastante curioso que no momento no que se está a desenvolver esta importante actuación de carácter medioambiental, se faga público o anuncio da marcha do edil de Medio Ambiente.