BOIRO> A dia de hoxe son xa 32 o número de positivos na residencia fogar de Amicos en Comoxo. Dous usuarios, os máis graves están ingresados dende hai uns días nun centro hospitalario, mentres que o resto outros 19 usuarios e 11 técnicos están illados nas propias instalacións ou nos seus domicilios. Así o confirmaron fontes da propia entidade despois dos últimos exames médicos realizados. Segundo informaron, tódalas persoas con discapacidade e os técnicos contaxiados, presentan un bo estado de saúde. Atópanse en repouso e con seguimento constante. Ademais dende a dirección leváronse a cabo medidas de reforzo para levar mellor esta situación como foron a reorganización do centro e a creación dunha zona de seguridade para as persoas que a día de hoxe non están infectadas. Ademais procedeuse tamén á incorporación de novos técnicos en reserva para garantir a atención as persoas con discapacidade. A dáa de hoxe están en activo 37 técnicos que garanten a atención das persoas con discapacidade que residen no centro Fogar.