O Grove reparte 500.000 euros do terceiro premio da lotaría de Nadal

    loteriagrove2 copia.jpg SALNÉS> Vilagarcía, Meis e Pontevedra beliscaron dous quintos premios. No Barbanza e Muros Noia non houbo sorte.

    {flowplayer}images/salnes/premios_loterias_salnes221211.flv{/flowplayer}

    Non foi o Gordo pero no Grove, na administración de Lotería número un, celebraron coma tal o terceiro premio que recaeu no 2.184. Manuel Rodríguez fixo de portavoz do dono da administración, o seu pai José Manuel Rodríguez, quen ademais cumpre 30 anos á fronte do establecemento.

    Desde a administración da rúa Luís Seoane animaron ós seu compradores a pasar os décimos pola gorra da escultura de Floreano e están convencidos de que lles deu sorte. Deste número só venderon un billete, ou sexa, dez décimos polo que repartiron 500.000 euros. Vendeuse todo en ventanilla no verán, polo que puido irse fóra do Grove.

    Quintos premios 

    No verán tamén se venderon en Vilagarcía os dez décimos co número 3.643 no que recaeu un quinto premio, valorado en 60.000 euros. Foi na administración do centro comercial Arousa. Aquí si saben que quedou na zona algún décimo, xa que pola mañá recibiron a chamada dalgún agraciado.

    Non foron os 4 millóns do Gordo, pero en Galicia o Sorteo Extraordinario de Nadal deixou millón e medio de euros por unha parte do terceiro premio, do 2.184, vendido no Grove, A Coruña e Viveiro. O resto foron quintos premios. O 3.643, ademais de en Vilagarcía, tamén foi vendido en Meis, entre outras localidades galegas, mentres que o 33.003 levou a sorte ata Pontevedra.

    Redacción Salnés