Arranca a Bienal de Pontevedra dedicada a Centroamérica e o Caribe

    bienal_100.jpgPONTEVEDRA> O sexto edificio do Museo de Pontevedra acollía esta mañá a inauguración da trixésimo primeira edición da Bienal de Arte.

    {flowplayer}images/salnes/BIENAL_PONTEVEDRA.flv{/flowplayer}

    PONTEVEDRA> O sexto edificio do Museo de Pontevedra acollía esta mañá a inauguración da trixésimo primeira edición da Bienal de Arte. Este espazo acollerá o groso das manifestacións artísticas dedicadas nesta ocasión ós países de Centroamérica e do Caribe. Pero tamén haberá obras en Vigo e no porto de Vilagarcía, estas foron inauguradas esta tarde.

    Utrópicos está organizada en sete exposicións temáticas coas que se pretende ofrecer unha visión integrada da realidade sociocultural do trópico. Nesta edición, a Bienal amplía o seu espazo expositivo, e á mostra permanente do novo Museo de Pontevedra sumaranse outras instaladas na sé da Deputación en Vigo e no Porto de Vilagarcía. Tamén se diversifica a oferta de manifestacións artísticas.

    O acto inaugural contou coa presencia do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, o conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela e o presidente da Deputación, Rafael Louzán, ademais doutras moitas autoridades locais. Todos eles coincidiron en salientar os vínculos entre Galicia e os países de Centroamérica e do Caribe, froito dos fluxos da emigración, e do intercambio cultural e artístico que se pode apreciar a través das obras expostas na Bienal.

    Redacción Salnés