Máis dun cento de deportistas daranse cita no Campionato Galego de Ciclismo de Fondo

    BOIRO> Boiro acollerá este próximo sábado o Campionato Galego de Ciclismo de Fondo en Estrada para as categorías cadete e xuvenil. A proba está organizada polo Club Oziona Barbanza, en colaboración con diversas entidades, entre elas a Federación Galega de Ciclismo ou o propio Concello. Uns 120 corredores en idade cadete e xuvenil, pertencentes a uns quince clubs de toda Galicia, daranse cita este próximo sábado en Boiro. En xogo estará o campionato Galego de Ciclismo de Fondo de Estrada para ambas categorías. A proba, que estará organizada polo Club Oziona Barbanza, en colaboración con diversas entidades, entre elas a Federación Galega de Ciclismo ou o propio Concello. O alcalde, Xoán Xosé Dieste, destacou a importancia deste tipo de probas e a aposta que se fai dende o Concello por potenciar o deporte, especialmente nas categorías base. A proba arrancará a partir das tres da tarde coa saída dos corredores en idade xuvenil dende a rúa Principal. Deberán afrontar un percorrido duns 88 quilómetros. Ás seis tocaralle ós cadetes, que realizarán unha carreira cunha distancia máis curta, uns 51 quilómetros.