Bangueses: ‘Pedimos unha moratoria na implantación de grandes áreas’

    bangueses100.jpgVILAGARCÍA> O Consorcio de Comercio do Salnés contou hoxe co respaldo do presidente do Foro Galego de Comercio na súa loita contra o centro comercial de Vilanova.

    {flowplayer}images/salnes/consorcio040610.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA> Representantes do Consorcio de Comercio do Salnés quixeron deixar claro que non se opoñen a ningún formato comercial, sempre e cando estea onde e como debe. Consideran tamén que o do Centro Comercial non é un tema do Concello de Vilanova.

    O presidente do Foro Galego de Comercio insiste en que non entende cómo nestes tempos de caída do consumo e peche de comercios, dende Vilanova toman decisións que potenciarían aínda máis esta situación. Segundo Bangueses a meirande parte dos centros comerciais están baleiros e en toda Europa impúlsase o pequeno comercio como motor da economía que é. Coma solución, solicitan unha moratoria na implantación de grandes áreas comerciais en Galicia.

    Dende o Consorcio teñen solicitado entrevistas cas Consellerías de Economía e Industria, Urbanismo e Medio Ambiente para explicarlles a súa postura. A Construción antes e o Comercio agora é, segundo o Consorcio, o principal motor da economía galega.

    Redacción Salnés