![]()
VILAGARCÍA> Alberto Gallego é o novo membro da candidatura de Javier Puertas á presidencia do PP vilagarciá. Este xoven avogado entra na carreira política con moita ilusión e con ganas dun cambio.
{flowplayer}images/salnes/ALBERTO_GALLEGO.flv{/flowplayer}
Tras varios anos exercendo a avogacía na capital do Salnés, Alberto Gallego pasa a engrosar as filas do equipo de Javier Puertas. Asegura que cando recibiu a chamada do candidato á presidencia do PP local, non dubidou en poñerse a disposición del. Afirma que a súa resposta foi inmediata xa que Puertas é un home honesto, traballador e con alta capacidade de xestión.
Gallego sinalou que dende fai tempo e a través do seu contacto coa cidadanía, leva detectando unha necesidade de cambio na alcaldía e no propio partido popular local. Manifesta que se necesita un cambio e que Javier Puertas é a persoa axeitada.
Sobriño de Jose Luis Rivera Mallo, Alberto Gallego agradeceu a postura do portavoz de IVIL no proceso congresual e asegurou que a integración do fundador dos independentes sería moi positivo para o Partido Popular.
Dende as filas de Javier Puertas, aseguran estar moi satisfeitos coa labor que se está realizando e o apoio que están a recibir da poboación.
Puertas afirma que o apoio é tan numeroso que se hoxe se celebraran eleccións á alcaldía gañarían.
Redacción Salnés








