CAMBADOS> Cambados Pode levará a pleno unha moción para reabrir o mercado ambulante. Dende a formación defenden que os postos se manteñan na localización actual por ser máis segura. Tamén pedirán ao bipartito que non tome ningunha decisión sen consultar cos vendedores e cos veciños.
A suspensión do mercado ambulante de Cambados finalmente resolverase no pleno municipal. A formación Cambados pode presentou hoxe unha moción para debater a apertura dos postos ambulantes. Dende a formación defende que hai que reactiva-la economía local e que o punto máis seguro é o actual, no paseo marítimo.
Nesa moción, Cambados Pode, tamén pedira ao bipartito que non se aborde o traslado do mercado se o consenso de todas as partes implicadas.
Dende o concello aclararon que a suspensión se debe á negativa dos vendedores a trasladarse a rúa Nova. Unha localización, que segundo o concelleiro de economía, os estudos feitos demostran que é a máis segura. Dende Cambados Pode desconfían dos informes do concello e consideran que Somos Cambados está aproveitando a ocasión para cumprir coa súa promesa electoral de trasladar o mercado.
O concelleiro de economía tamén explicou que a opción dos vendedores de valar o recinto cos seus vehículos non sería posible por non respectar as medidas de seguridade. Unha opción que si ven viable dende Cambados Pode.
A moción será levada a debate nun pleno que polo de agora se descoñece cando se celebrará. Cambados Pode tamén criticou ao goberno por non celebrar plenos e pola súa falta de diálogo coa oposición.