A rotura dunha tubería de auga provoca un novo asolamento en Vista Alegre

    vista_alegre_100.jpgVILAGARCIA> O Barrio de Vista Alegre, en Vilagarcía volveu a inundarse hoxe por mor dunha rotura nunha tubería do subministro de auga potable.

    {flowplayer}images/salnes/07062010_inundacions_vista_alegre.flv{/flowplayer}

    Os feitos acontecían en torno ás 10.30 da mañá cando volveu a romper unha destas canalizacións da auga potable. A pendente da rúa axudou a que a auga que rebordaba fose quen de meterse en baixos e garaxes asolando canto atopaba o seu paso.

    Esta non é a primeira vez que acontece algo semellante: os veciños denuncian que é a terceira ou cuarta vez que sofren unha inundación similar nos últimos catro meses. Nesta froitería a auga entrou en todo o baixo e mesmo nas cámaras frigoríficas: nos baixos dos edificios afectou a trasteiros e garaxes; cubríndoos con ata un palmo de auga.

    A maiores, os veciños sospeitan que a auga poida estar afectando ós alicerces dos edificios e afectando a súa estructura; un feito que podería estarse agravando polo constante tráfico de vehículos pesados por esta rúa de lastros. Inundacións como a desta mañá son un claro indicativo do abandono ó que esta sometida esta zona por parte do goberno local.

    Os veciños reivindican que se preste máis atencións a este barrio lindeiro co centro vilagarcián.

    Redacción Salnés