Deteñen ao ladrón que entrou na reloxería Jiménez

VILAGARCÍA> Deteñen ao ladrón que a pasada madrugada entrou a roubar na reloxería Jiménez. O detido entrou a roubar no establecemento e fuxiu en tan só 5 minutos. O perito do seguro visitou hoxe o negocio para facer unha valoración da cantidade roubada.

Novo roubo nun comercio de Vilagarcía. Nesta ocasión o negocio afectado foi a reloxería Jiménez, situada nas galerías do casino. Os feitos ocorreron na madrugada do martes ao mércores. Despois de varios intentos, o ladrón entrou ao local tras romper a porta coa tapa dunha boca de rego. Antes intentouno sen éxito cunha barra de aluminio que finalmente deixou abandonada aos pés do local.

O delincuente entrou no establecemento directo a por un dos mostradores, o cal baleirou por completo. A continuación colleu os cartos da caixa rexistradora e antes de abandonar o local revolveu en máis caixóns buscando máis obxectos de valor que levar. A propietaria do negocio asegura que perpetrou o roubo en menos de 10 minutos. Xa que a alarma sonou ás 6 menos 20 e a policía chegou ao lugar ás 10 menos 10, sen atopar a ninguén no local.

Ao parecer os ladrón escolleron a xoiería Jiménez tras un intento falido en Opticalia. Este é o sétimo roubo que sofre este establecemento. Ademais é o terceiro que se da na vila no último mes. Hai uns días un grupo de atracadores entrou nunha casa en Renza e hai tres semanas foi a tenda de moda Orza a que sufriu un roubo nunhas condicións similares á deste suceso.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí