Óscar García asume a presidencia do Portonovo

oscar250_070610.jpgSANXENXO> O Portonovo xa ten novo presidente. Logo da asemblea de socios celebrada onte, Óscar García asumíu os mandos do club trala dimisión de Fernando Fraga. O equipo directivo non sufríu apenas cambios e hoxe reúnese por primeira vez para comezar a traballar no proxecto da temporada que ven.

{flowplayer}images/salnes/portonovo_070610.flv{/flowplayer} 

Ten 33 anos, leva tres como directivo e hoxe foi o seu primeiro día como presidente do Portonovo. Óscar García, coñecido como Óscar Conde, asumíu as rendas do club branquiazul na asemblea celebrada onte. Inicia o seu mandato sabedor dos riscos e dificultades que conleva.

Pretende que tódolos membros da directiva teñan o mesmo peso dentro dela. A liña de actuación será continuista con repecto á marcada por Fernando Fraga, por iso o primeiro será atar o presuposto. A débeda do Portonovo ascende a 31.000 euros, aínda que o exercicio deste ano non está pechado e agardan ter algún ingreso maís. Con todo, a austeridade marcará o destino do club na vindeira temporada na que a salvación será o obxectivo. 

Esta noite a directiva mantén unha primeira xuntanza para comezar a traballar na contratación do adestrador, que será o primeiro paso que dean. Nos últimos días especulouse coa posible volta de Piscis ó banquiño de Baltar, aínda que semella pouco probable. Buscan alguén con pouca experiencia, pero con moitas gañas de involucrarse no proxecto.  Unha vez teñan atado o adestrador, o seguinte será facelo cos xogadores.

Semana movida a que se agarda en Baltar. Novo presidente o domingo, agárdase adestrador para o mércores e pouco a pouco iranse coñecendo os membros dun plantel no que a canteira volverá a ser protagonista.

Redacción Salnés