PORTO DO SON> O concello sonense volve a organizar o torneo de basket na rúa 3×3 en Portosín. Trátase dunha das citas deportivas clásicas do verán. Desenvolverase os días 13 e 14 de agosto.
Para a súa organización o Concello conta coa colaboración da tenda deportiva Tiro Libre de Santiago.
O torneo dividirase por categorías: sub-14, sub-18, sub-35 e master-35, tanto masculinas coma femininas. O número máximo de equipos por categoría será de 16, cun máximo de catro xogadores por equipo.
As inscricións poden realizarse a través da web www.tirolibresantiago.com