![]()
VILAGARCÍA> A alcaldesa Dolores García, reuniuse esta mañá co director xeral de Xustiza, para xestionar a posta en marcha do cuarto xulgado, …
… tal como se tiña comprometido cos traballadores. O director xeral comunicoulle á rexedora que será a Comisión Mixta, composta por representantes da Xunta e do Tribunal Superior de Xustiza, quen decida si se crea o cuarto xulgado vilagarcián.
O goberno local xa realizou varias xestións para axilizar a solución ao problema e logrou o compromiso da Axencia Tributaria de ceder gratuitamente os locais que o departamento estatal posúe nas Galerías Gallego, para a inmediata posta en marcha do cuarto xulgado.
Esta sede sería provisional, ata que se constrúa a definitiva. Deste xeito, desbloquearíanse as causas acumuladas nos Xulgados de Vilagarcía.
Redacción Salnés








