Juan Manuel Rey repetirá como candidato socialista nas municipais

    rey copia100.jpg CALDAS> A súa candidatura, a única presentada durante a asemblea do partido local, contou co apoio unánime dos asistentes.

    {flowplayer}images/salnes/CANDIDATURA_PSOE_CALDAS.flv{/flowplayer}

    Juan Manuel Rey repetirá como cabeza de lista do PSOE en Caldas para as vindeiras eleccións municipais. A candidatura do actual rexedor, a única presentada durante a asemblea do partido local celebrada onte, contou co apoio unánime dos asistentes, un total de 36 dos 50 afiliados socialistas caldenses. O auditorio celebrou a xestión realizada polo goberno do actual rexedor na presente lexislatura.

    Candidato, xestión, equipo e proxecto, foron os catro piares que Rey resaltou para a cita electoral do mes de maio, coa que optará ó seu segundo mandato. Un mandato durante o que, de saír elixidos, a consecución do 100% de sistema de saneamento no rural e a axilización das xestións para a construción do Centro médico para Caldas, serán as prioridades do seu proxecto.

    Sobre esta lexisatura o líder dos socialistas de Caldas destacou as obras do saneamento no rural, a reforma urbana e a inversión do concello en materia social e cultural como os principais logros do seu actual goberno. E adiantou máis sorpresas antes de que chegue maio que orientarán o proxecto dos socialistas de saír reelixidos para facerse cargo do concello.

    Redacción Salnés