Uvas e Conguitos para recibir o ano con doce horas de adianto

    fin copia100.jpgVILAGARCÍA> Dende este mediodía, Vilagarcía xa vive no 2011. A vila celebrou un ensaio matinal de Noitevella en Ravella.

    {flowplayer}images/salnes/UVAS_VILAGARCIA_LACASITOS_CAMBADOS.flv{/flowplayer}

    Música, confeti, champán e, por suposto, as 12 uvas. Estes foron os ingredientes fundamentais cos que Vilagarcía adiantou a fin de ano. Ás doce deste mediodía, 12 badaladas do reloxo de Ravella foron o sinal para que centos de vilagarciáns recibisen o 2011 como se merece. Foi a partires das 11 da mañá cando comezou a festa. A orquestra, instalada diante do concello, comezou a tocar os temas típicos dunha verbena, e as colas medraron ante os postos de reparto de uvas, instalados fronte ó concello. Todo preparado para celebrar unha festa que, ós seus 12 anos, xa é toda unha tradición.

    Vilagarciáns de todas as idades ocuparon a praza de Ravella e o seu reloxo, como se se tratara do da Porta do Sol madrileña, marcou o ritmo a seguir na toma da ducia de uvas. Cumprida a tradición, desatouse a festa entre os asistentes, encantados con esta iniciativa.

    Despois da toma das uvas, os vilagarciáns seguiron desfrutando do ambiente de celebración, acompañados pola orquestra e a charanga que percorreu a zona coa súa música. Todo pensado para animar unha xornada que, cando menos nun principio, transcorreu sen atragoamentos.

    Fin de ano con Conguitos

    200 bolsas de conguitos coma estas, foron as que se repartiron entre tódolos cativos que se achegaron esta mañá ata aquí. E cando o reloxo marcaba as 12 comezaron estas campanadas adiantadas. Moitos máis sinxelo comer os conguitos que as uvas e tódolos poucos foron os que non remataron a tempo.

    Esta iniciativa leva facéndose en Cambados 3 anos pero este foi un dos que máis aceptación, quizais debido ó bo tempo que facía esta mañá a praza encheuse de xente, tanto que incluso houbo quen quedou sen conguitos.

    Aínda así houbo diversión para todos. Mickey e Minnie e o mismísimo Bob Esponja visitaron a estes cativos, que lle deron a benvida ó 2011 con moito música e bailes.

    A festa rematou á hora de xantar, aínda que poucas horas lles quedan para comezar e novo, pois o bo de celebrar o fin de ano pola mañá e que aínda che queda a noite para volver a celebralo de novo.

    Redacción Salnés