![]()
SANXENXO> O proxecto de soterramento dunha torre eléctrica de media tensión situada en Vilalonga será remitido nos vindeiros días a Industria.
{flowplayer}images/salnes/fenosa_vilalonga.flv{/flowplayer}
SANXENXO> O proxecto de soterramento dunha torre eléctrica de media tensión situada en Vilalonga será remitido nos vindeiros días á Consellería de Industria para obter tódolos permisos necesarios.
Este foi o compromiso adquirido polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, na xuntanza que mantivo cos veciños desta parroquia de Sanxenxo. No encontro tamén estivo o delegado provincial de Fenosa e a alcaldesa.
Trátase dunha obra complicada, xa que o poste de media tensión, situado detrás do bar Prieto, atópase nunha finca privada e a liña eléctrica atravesa varias propiedades. Desde Fenosa garantiuse ós veciños que durante os traballos se lles mantería o subministro de electricidade.
As autoridades destacaron a colaboración tanto entre Concello e Xunta, como coa empresa Fenosa para sacar adiante esta vella demanda veciñal. Os tres colaboran no financiamento dos traballos, que roldan os 60 mil euros.
Unha vez aprobados os permisos, as obras iniciaranse coa instalación dun baypass que permanecerá instalado durante uns días para dar servizo a toda a zona da Salgueira.
Redacción Salnés








