Cámara e Caixanova colaboran na formación de empresarios

    camara_caixanova100.jpgVILAGARCÍA> O director comercial de Caixanova en Pontevedra e mailo presidente da Cámara de Comercio de Vilagarcía asinaron …

    {flowplayer}images/salnes/camara_caixanova.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA> O director comercial de Caixanova en Pontevedra, Manuel Soage, e mailo presidente da Cámara de Comercio de Vilagarcía, Carlos Oubiña, asinaron hoxe un convenio para impulsar o traballo conxunto entre ambas entidades.

    Este documento permitirá por en marcha de xeito preferente o futuro Centro de capacitación empresarial que proxecta crear a cámara en Vilagarcía. Neste centro preparase ós empresarios e a través del canalizaranse as demandas do sistema produtivo da comarca. A Escola de Negocios de Caixanova contribuirá activamente mediante cursos, seminarios e programas de especialización adaptados ás necesidades empresariais.

    O acordo tamén contempla o asesoramento personalizado por parte de Caixanova a todas aquelas solicitudes remitidas por empresas asociadas da Cámara vilagarciá. Caixanova e Cámara impulsarán ademais un marco de colaboración conxunta no que por en marcha iniciativas de mellora empresarial. Terán especial cabida neste traballo mutuo o desenvolvemento de aspectos como a promoción de emprendedores, o fomento das exportacións, o uso de certificados dixitais, entre outras.

    Redacción Salnés