Arrancan as escavacións arqueolóxicas na Lanzada

    excavacions_lanzada100.jpgSANXENXO> Deputación e CSIC destinan case 600.000 euros para a posta en valor dun xacemento arqueolóxico na Lanzada.

    {flowplayer}images/salnes/excavacions_lanzada.flv{/flowplayer}

    SANXENXO> Deputación e CSIC destinan case 600.000 euros para a posta en valor dun xacemento arqueolóxico na Lanzada.

    Un castro da Idade de Ferro, un poboado e unha necrópole dos séculos III e V despois de Cristo, repousan na Lanzada, en Noalla, agardando saír a luz de novo para seren visitados, estudados e escudriñados, como testemuña das nosas raíces.

    Un equipo de catorce operarios e sete técnicos iniciaron xa as labores de escavación e recuperación patrimonial do xacemento arqueolóxico. Os traballos realizaranse dende agora ata novembro. Amais da escavación levaranse a cabo tarefas de conservación e restauración para que poidan ser visitados polo público.

    O proxecto ten un orzamento de case 600.000 euros e está financiado por fondos FEDER, dentro do programa EIXO 5, no ámbito do Proxecto Pousadas Xardín, que inclúe diferentes actuacións, entre as que se atopan tamén as escavacións arqueolóxicas do Castro, en Ribadumia.

    Para levar adiante esta recuperación, a entidade provincial asinou o mes pasado un convenio coa Comunidade de Montes de Noalla, que cedeu a parcela na que se atopa o xacemento. Trátase dunha finca rústica chamada Monte da Lanzada, cunha superficie total de 65.000 metros cadrados, dos cales foron cedidos case dez mil.

    A Deputación prevé levar a cabo a difusión destes traballos a través de charlas e publicacións. O xacemento converterase nun museo e realizaranse visitas guiadas. A humanidade do século XXI poderá gozar das xoias arquitectónicas feitas polos homes e mulleres do século III.

    Redacción Salnés