Cacabelos demanda ao goberno central o paseo entre Rons e Virxe das Mareas

O GROVE> A mellora do acceso ás praias, a humanización de Beiramar ou o paseo de Rons a Virxe das Mareas. Son algunhas das demandas que lle trasladou o alcalde do Grove ao Delegado do Goberno en Galicia. Miñones reuniuse esta mañá con Cacabelos, nun encontro que no que ambos aproveitaron para reivindicar que a administración central é a que máis está a investir nestes momentos no municipio, con proxectos a prol do turismo sostible, do fomento do comercio local ou coa mellora da conectividade en 900 vivendas do concello.

Foron varias as demandas que o alcalde do Grove puxo sobre a mesa na súa reunión co Delegado do Goberno en Galicia. Proxectos, por unha banda, vinculados ao turismo e, pola outra, á costa. Neste capítulo o rexedor meco trasladoulle varias necesidades que aínda seguen pententes. Tamén outro proxecto que leva anos pendente: o paseo entre Rons e Virxe das Mareas.

O delegado do goberno en Galicia apuntou que este tipo de encontros serven para escoitar as demandas do municipalismo. Aproveitou tamén para poñer en valor os investimentos feitos e os que están en marcha por parte do goberno central no municipio.

Tamén proxectos relacionados coa modernización do comercio local e á mellora da conectividade no municipio. Neste último caso, coa chegada da fibra óptica a 900 novas vivendas do Grove.

A mellora da conectividade no Grave estase a facer a través de dous programas. O primeiro deles ten que estar rematado a finais deste ano. A outra parte, terase tamén que desenvolver ao longo deste 2022, pero terá tamén continuidade nos vindeiros exercicios.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí