Louzán colaborará na recuperación do río Major de Sanxenxo

    VISITA_LOUZAN_SANXENXOcopy.jpgSANXENXO> Na visita do Presidente da Deputación de Pontevedra ó concello comprometeuse a colaborar en 3 actuacións.

    {flowplayer}images/salnes/VISITA_LOUZAN_SANXENXO.flv{/flowplayer}

    Acompañado pola alcaldesa de Sanxenxo e o grupo de goberno, o Presidente da Deputación de Pontevedra comezou a súa visita polo municipio á Igrexa Parroquial de Adina onde Catalina González manifestou a súa intención de restauralo muro que rodea o santuario.

    A segunda visita foi ás obras de acondicionamento do Río Major que está executando a Comunidade de Montes de Noalla. Para o seu financiamento piden a colaboración do concello e Deputación.

    A última visita foi á antiga casa de Don Fernando situada no casco urbano de Portonovo. Catalina González asegurou que xa contan con gran parte do financiamento.

    Pola súa parte, Rafael Louzán manifestou que a Deputación, pese á situación económica, colaborará nas tres actuacións. 

    As obras neste futuro Museo do Mar está previsto comecen a principios do ano 2011.

    Redacción Salnés