A Ruta do Viño Rías Baixas conseguiu un impacto económico de 2 millóns de euros coas máis de 100 mil visitas do 2022

CAMBADOS> A Ruta do Viño Rías Baixas sitúase recibiu o pasado ano a máis de 100 mil visitantes. A ruta sitúase no posto número seis das opcións enoturísticas que existen en todo o país. Este número de visitantes tradúcese nun impacto económico de dous millóns de euros para as Rías Baixas.

Cada vez son máis os visitantes que se achegan ás Rías Baixas para gozar da súa viticultura. O enoturismo está en auxe e iso é grazas ao traballo das adegas e de asociacións como a Ruta do Viño Rías Baixas. Unha ruta que o ano pasado recibiu a máis de 100 mil visitantes. Situándose, segundo o informe do Observatorio Turístico de rutas do viño de España, no posto número sete.

Un aumento de visitantes, que reflexa o bo momento que atravesa a Ruta do Viño Rías Baixas.

Esta afluencia de visitantes supón un impacto económico de 2 millóns de euros.

Uns beneficios que se invisten nas Rías Baixas e no rural.

A clave deste éxito radica na ampla oferta que promoven dende a Ruta do Viño Rías Baixas e dende as adegas.

E se os datos do 2022 foron excelentes, dende a Ruta do Viño Rías Baixas agardan superalos no 2023. Xa que segundo indican, as adegas recibiron moitas visitas no primeiro semestre do ano e contan con numerosas reservas para os vindeiros meses.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí