Detido o presunto autor dun delicto de malos tratos e Meaño

    MEAÑO > Esta tarde foi detido o veciño de Meaño, natural de Vilanova de Arousa, Benito Paz, de 52 anos de idade acusado de matar á súa muller. Onte pola noite a Garda Civil recibía aviso dun altercado nunha vivenda…

    malostratos_300_050207.jpg…da zona de Nantes. A muller, de 49 anos, xacía na cama cunha ferida nas costas provocada por arma blanca. Inmediatamente foi trasladada a Montecelo onde falecía esta mañá. Varias institucións públicas condenaron esta morte e Vicepresidencia xa expresou a súa repulsa enérxica á violencia de xénero.

    Silencio sepulcral esta tarde na zona de Seixomil en Nantes, no concello de Meaño. Os veciños de Benito Paz e Mari Carmen Fontán eran reacios a falar ante as cámaras do que acontecera nesta casa facía apenas unhas horas. Benito Paz, de 52 anos de idade é o presunto agresor cun coitelo de cociña da súa dona, Mari Carmen Fontán, de 49 anos. Ás once e media da noite a Garda Civil de Sanxenxo recibía unha chamada telefónica na que se solicitaba axuda por mor dun altercado na vivenda.

    Ó personárense os axentes atopáronse coa muller tendida na cama ferida con arma branca que foi trasladada de urxencia ó hospital de Montecelo. Alí falecía esta mesma mañá xa que a ferida lle afectou ós seus órganos vitais. O matrimonio tiña tres fillos de 22, 21 e 19 anos de idade que esta tarde abandonaban o domicilio en coche mentres o seu pai, principal sospeitoso do crime pasaba a disposición xudicial. O presunto asasino ten 52 anos e é natural de Caleiro, en Vilanova de Arousa. Alí traballaba como mariscador adscrito a esta confraría, onde non se explican que foi o que pasou.

    Fontes veciñais aseguran que tanto o presunto asasino coma a falecida tiñan problemas de alcoholismo e que os berridos e pelexas no domicilio eran constantes. De feito, parece ser que o agresor estivera xa preso o ano pasado tamén por asestarlle unha coitelada á súa muller pero foi posto en liberdade logo de que esta retirara os cargos na súa contra. A finada, cuxo cadáver se está a velar no tanatorio de Sanxenxo será enterrada mañá ás 5 da tarde na Igrexa parroquial de Santa Eulalia de Nantes.

    Redacción Salnés