O centro de Vilagarcía prepárase para unha profunda reordenación de tráfico

VILAGARCÍA> En cuestión de días, o centro de Vilagarcía enfrontarase a unha profunda reordenación de tráfico. Haberá cambios de direccións e varios dobres sentidos que, ata o de agora, non existían. A reestruturación da circulación, que está apoiada en informes da Policía Local, entrará en vigor cara a finais desta semana. Será a partir de entón cando se poida comprobar se dá o resultado agardado.

A rúa de Alejandro Cerecedo pasará a ser de dobre sentido e estará regulada por semáforos no cruce de Doutor Tourón. A rúa Arzobispo Lago mudará o sentido da súa circulación e pola Avenida da Mariña, na zona da Peixería, tamén se circulará ó contrarío que ata o de agora. Son os principais cambios da inminente reordenación de tráfico no centro de Vilagarcía. Os cambios chegan trala peonalización da Praza de Galicia, algo que –para moitos- supuxo partir en dous a cidade á hora de moverse co coche. Dende o Concello explican que os cambios agora previstos van na liña de mellora-lo tráfico rodado.

Os cambios previstos están avalados por varios informes da Policía Local. Contan tamén co respaldo das asociacións de comerciantes, os praceiros, os taxistas e a concesionario do servizo de autobuses. Na rúa do Arzobispo Lago, por exemplo, os comerciantes agardan que a reordenación sirva para recupera-las vendas.

Moitos, así e todo, cren que a reestruturación do tráfico chega tarde, meses despois do peche da praza de Galicia. Dende o Concello deféndense.

Os cambios entrarán en vigor a finais desta semana. Segundo Ravella, a reestruturación debería ter culminado a comezos da semana vindeira.