Unha ambulancia medicalizada e a defensa do Hospital do Salnés, prioridades para o BNG

    VILAGARCÍA> A Fundación Galega contra o narcotráfico e un encontro cos traballadores das ambulancias, foron as dúas paradas do voceiro nacional do BNG en Vilagarcía. Xavier Vence trasladouse á vila para apoiar á súa candidata María Villaronga, despois de que a formación decidira suspender os mítins o pasado venres despois do crime machista sucedido en Ourense.

    Colectivos sanitarios e sociosanitarios centraron esta mañá a axenda de Xavier Vence en Vilagarcía. O líder nacionalista mantivo primeiro unha xuntanza con representantes das Fundación Galega contra o Narcotráfico. Despois, con técnicos de asistencia sanitaria da comarca. E é que para os nacionalistas, a defensa da sanidade é clave nestes comicios.

    Dende Vilagarcía, denunciaron os recortes que, aseguran, está a cometer a Xunta en materia de sanidade pública. Uns axustes que, segundo Vence, non atopan contestación na comarca.

    O líder nacionalista denunciou a redución de prestacións que están a sufrir os 100 mil veciños do Salnés que dependen do Hospital comarcal, e que moitas veces teñen que trasladarse a Pontevedra, Santiago ou Vigo para recibir os seus tratamentos. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/05maio/11/xavier_vence_villa.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/05maio/11/xavier_vence_villa.mp4{/flowplayer}