Máis de cen rapaces participan este ano nas ludotecas de nadal

    ludoteca_nadalcopy.jpgVILAGARCÍA> Manualidades, xogos de mesa ou ó aire libre son algunhas das actividades que farán estes nenos ata o 7 de xaneiro.

    {flowplayer}images/salnes/LUDONADAL_VILAGARCIA.flv{/flowplayer}

    Os colexios de O Piñeiriño e A Escardia, en Vilagarcía, énchense durante as vacacións de nadal cos máis de cen rapaces que participan este ano nas ludotecas que organizan desde o concello. 

    Estes obradoiros de nadal contan este ano cun total de cento dez rapaces, dez máis dos que estaban previstos. Un verdadeiro entretemento para estes cativos que, tal e coma explicaba a edil de Xuventude, Ana Lorenzo, permite ós pais conciliar a vida laboral e familiar durante as vacacións de nadal dos seus fillos.

    Ludonadal conta con monitores especializados, cinco en cada centro. Ademais, cumpre un dobre obxectivo xa que os propios cativos, entre tres e sete anos, o pasan ben ó tempo que aprenden.

    Os propios rapaces contan os xogos que máis lle gustan e as razóns polas que queren participar nestes obradoiros. Pasar o tempo cos compañeiros e poder xogar toda a mañá é o máis gratificante.

    O programa de actividades abarca desde o día 23 de decembro ata o sete de xaneiro.

    Redacción Salnés