Puertas e Fole dan a coñecer os seus proxectos no cara a cara de Pleno Aberto

    puertas_fole_copia100.jpgVILAGARCÍA> Tomás Fole e Javier Puertas, mostraron as súas intencións de facerse coa executiva do partido coa mira posta en Ravella. Ambos criticaron, duramente, a forma de facer campaña do contrario.

    {flowplayer}images/salnes/FOLE_E_PUERTAS.flv{/flowplayer}

    Javier Puertas asegura estar moi orgulloso de presentar a súa candidatura á presidencia popular vilagarciá, para construír unha agrupación local forte, que sexa capar de arrebatar á alcaldía a un goberno de esquerda. Tomás Fole, pola súa parte, sinala que se presenta á reelección para culminar un traballo de sete anos e agradecer o apoio do seu equipo, dos afiliados e dos votantes.

    O presidente popular en funcións, asegura que o seu obxectivo é Ravella, pero tamén devolver a Vilagarcía e ós seus cidadáns a confianza en si mesmos que perderon. Puertas tamén ten a alcaldía no punto de mira, e engade, que busca unha capital do Salnés que mire ó futuro con prosperidade e ilusión.

    Ambos candidatos teñen claro que o modelo de partido que necesita o PP, é unha xestión participativa, unida e na que as persoas dean a coñecer as súas necesidades. Tomás Fole e Javier Puertas están moi satisfeitos coas súas campañas electorais, pero critican duramente a forma de realizala o contrario.

    Para o día 12 ambos candidatos vense gañadores e aseguran que, se saen vitoriosos, se porán a traballar enseguida. Se perden, Puertas afirma que se porá a disposición de Fole para aunar as candidaturas, e o presidente en funcións sinala que estudará a forma de integrar o seu traballo no novo grupo.

    En canto á polémica dos debates nos medios de comunicación, Puertas asegura que comparte a apertura ós medios e a transparencia. Fole, afirma que gran parte dos afiliados quere que o debate sexa interno.

    Onde coinciden sen ningunha dúbida os candidatos, é en integrar a IVIL no Partido Popular.

    Redacción Salnés