Galicia e Francia unidos pola náutica

    O GROVE> O Club Náutico de San Vicente abriu a porta e agora Portos de Galicia asinará co porto francés da Rochelle unha alianza para o desenvolvemento de regatas internacionais e o impulso da formación dos profesionais galegos que traballan nos portos deportivos. O acordo servirá tamén ó concello do Grove para aproveitar fluxos turísticos. Hai tres anos o Club Náutico de San Vicente convertíase no primeiro galego en asistir ó Salón da Rochelle, en Francia, unha das principais citas do sector náutico a nivel internacional. As portas e os contactos que entón abriron achandaron o camiño para que agora se poida estar falando da sinatura dun convenio entre a empresa pública que xestiona o porto da Rochelle, Port de Plaisance, e Portos de Galicia. O acordo, que se formalizará en breve, busca impulsar a mobilidade dos participantes en regatas internacionais, en especial no arco atlántico, e fomentar o intercambio de formación entre os profesionais das instalacións náuticas. Ademais de ampliar as posibilidades de actividade dos regatistas con sede en Galicia, o acordo tamén busca atraer fluxos turísticos ás nosas costas. De aí que o concello do Grove tamén estea explorando esta vía aberta coa Rochelle. A empresa Port de Plaisance xestiona cinco mil amarres no Porto da Rochelle, que sumados ós que existen nos portos do arco atlántico ofrecen un nicho de mercado con gran pontencial. Este convenio, que se formalizará en xaneiro, é o segundo que Portos de Galicai asine en poucos días con outras entidades náuticas internacionais. E é que a vindeira semana, no marco do Salón Náutico de París, firmará un protocolo de colaboración coa compañía Primocean trala integración de varios portos deportivos galegos na rede internacional Passeport Escales, que lidera a firma. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/12decembro/05/conveniorochelle.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/12decembro/05/PTE_PORTOS_GROVE.mp4{/flowplayer}