MEIS> A deputación de Pontevedra visita o centro Caan de Meis para coñecer o funcionamento dos novos equipos de radio diagnóstico veterinario. Esta nova tecnoloxía permitirá coñecer o estado de saúde dos animais dunha forma máis rápida e sen saír das instalacións. Na visita, a presidenta tamén fixo balance do traballo do centro e denunciou os abandonos de animais.
A deputación de Pontevedra continúa mellorando as instalacións e os equipamentos do Centro de acollida de protección de animais, en Meis. O Caan é un centro referente a nivel nacional e dende esta semana conta cun equipo de radio diagnóstico veterinario. O que permitirá coñecer o estado de saúde dos animais dunha forma máis rápida.
O equipo de radio diagnóstico súmase aos anteriores equipamentos que adquirira para o centro a deputación, como son a sala clínica, a de raios X e os quirófanos. Os novos materiais aumentarán a calidade dos diagnósticos e reducirán a radiación.
Na visita ao centro, a presidenta da deputación fixo balanza da situación actual do Caan. No que vai de ano, o centro deu en adopción a 285 cans e cadelas, máis do dobre que o ano pasado e recolléronse 426, 13 menos. A parte negativa continúan sendo os abandonos, unha situación que Carmela volveu a denunciar.
Ademais de denunciar os abandonos, a presidenta tamén recomendou a adopción de cans e cadelas, especialmente entre aqueles animais que máis tempo levan no centro.