Centos de Vilagarciáns buscan “Vivir sen permiso”

    “Vivir sen permiso”, é o suxerente título da serie de televisión que pronto comezará a rodarse na comarca do Salnés. Se a semana pasada asistiamos ó casting de figuración de “Fariña”, outra serie que terá a Arousa como escenario, hoxe fixemos o propio coa proba de Vivir sen Permiso, que esta mañá se celebrou no Auditorio de Vilagarcía. Cada un tiña un motivo diferente. Pero esta mañá, todos aqueles que acudiron ó Auditorio de Vilagarcía, tiñan algo en común, a ilusión de “Vivir sen permiso” a lo menos durante seis meses. E é que este é o título da nova serie de televisión que a produtora Alea , de Mediaset, rodará desde xuño e ata decembro na comarca do Salnés. O escritor Manolo Rivas é o creador da idea orixinal dunha saga familiar, que terá como principais protagonistas a José Coronado e Alex Gonzalez, que volven unirse tralo éxito da serie El Príncipe. Eles e o resto do equipo vivirán en Vilagarcía e arredores, durante a rodaxe. total ana Pero antes, hai que ter a punto ó equipo de figuración, e algún deles, seguro que estará entre os elixidos. Se hai quen estea interesados en participar nesta ficción televisiva que se rodará a partir de xuño, o próximo luns día 22, no Auditorio da Illa de Arousa, terá lugar outro casting en horario de mañá e tarde .