A Xunta reactiva a parcelaria de Tremoedo e Baión

    parcelaria_vilanova100.jpgVILANOVA> O Delegado da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, anuncia o reinicio da parcelaria de Tremoedo e Baión.

    {flowplayer}images/salnes/touris_en_vilanova.flv{/flowplayer}

    VILANOVA> O Delegado Territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, anuncia en Vilanova de Arousa o reinicio da concentración parcelaria nas parroquias de Tremoedo e Baión.

    É esta unha antiga demanda dos veciños, parada durante o mandato do bipartito na Xunta. O anterior Conselleiro de Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, chegou a aparcala, segundo o alcalde, ata o ano 2025. Ademais, lembra que o anterior goberno tiña pensado facer na zona un polígono industrial ao que se opoñían os veciños.

    Estas dúas parroquias teñen mais de tres mil propietarios e supoñen unhas mil seiscentas hectáreas. O alcalde asegura que esta é a mellor noticia que teñen recibido este ano. Trátase dunha actuación que revitalizará o desenvolvemento e desenrolo do interior, e conta cun orzamento de case 300.000 euros.

    Dende a Xunta tamén traballan noutras actuacións en Vilanova de Arousa, como as das beirarrúas da comarcal PO 549 ou a próxima gala do Xacobeo que se fará no verán.

    Redacción Salnés