A Xunta presenta ós veciños o proxecto de reforma da PO531

    touris_po531_100.jpgBARRO> O delegado territorial da Xunta en Pontevedra presentou ós veciños de Curro a reforma da PO531.

    {flowplayer}images/salnes/TOURIS_PROXECTO_PO531.flv{/flowplayer}

    BARRO> O delegado territorial da Xunta en Pontevedra presentou ós veciños de Curro a reforma da PO531. José Manuel Cores Tourís, explicou que esta modificación suporá a mellora da estrada para garantir a seguridade viaria e peonil.

    Nesta reunión, Cores Tourís estivo acompañado polo alcalde de Barro, José Antonio Landín, e polo xefe territorial de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Evaristo Juncal, así como o portavoz do veciños afectados, Manuel Corredoira. O delegado territorial recordou que este borrador, é unha realidade grazas ó diálogo cos veciños tanto de Curro como de Campañó e A Devesa, os lugares afectados polo paso da PO531. Cores Tourís sinalou que levan meses traballando e reuníndose cos veciños para elaborar un proxecto consensuado que convence a tódalas partes.

    A obra contará, nun total de 2,2 quilómetros de lonxitude, con dúas glorietas e un paso inferior de vehículos, que permitirá o cambio de sentido. Deste xeito, o acceso á ITV resolverase mediante unha glorieta que permitirá o acceso tanto a este lugar como ás plantas de formigón e bares que se atopan nese punto. Nos tramos onde o volume de vivendas sexa baixo, instalaranse dous carrís en distinto sentido, máis un para vehículos lentos en dirección Vilagarcía.

    Nos tramos de gran densidade de poboación, instalaranse beirarrúas a ambos lados da estrada, que contará cun carril a cada lado, separado por unha mediana peonil. Nas zonas onde sexa factible, crearanse aparcadoiros e paradas de autobús. Segundo Cores Tourís, o obxectivo é garantir, non só a seguridade viaria, senón tamén a dos peóns. Agradeceu a colaboración dos veciños e recordou que o novo goberno da Xunta de Galicia, logrou desbloquear este proxecto nun só ano.

    Redacción Salnés