A praza do Corgo acolle a presentación da LGT

trainas250_140610.jpgGROVE> Deu comezo a temporada de traíñas. O sábado tivo lugar a presentación da Liga Galega nun acto celebrado no Grove no que participou o Secretario Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete.

{flowplayer}images/salnes/trainas_140610.flv{/flowplayer} 

A praza do Corgo, no Grove, acolleu a presentación da Liga Galega de Traíñas. Foi o sábado, nun acto multitudinario a onde acudiron a totalidade dos clubes que participarán nesta competición, agás Esteirana.

Un a un foron pasando polo escenario os equipos que loitarán polo título durante os vindeiros tres meses. As embarcacións locais, Mecos e Amegrove, foron das máis apaudidas xunto a Vilaxoán, que estivo acompañada por un nutrido grupo de incondicionais.

No acto participaron diversas autoridades políticas, como o alcalde Xosé Antonio Cacabelos, que desexou sorte a tódolos participantes. 

O presidente da liga, Diego Portela, deixou entrever que haberá novidades nas vindeiras semanas que poden darlle un pulo importante á competición de 2010. 

Pola súa parte, o Secretario Xeral para o Deporte amosou o seu desexo de que a Liga Femenina poida saír adiante neste 2010 e anunciou a inclusión do remo o vindeiro ano no progrma a de Deporte Escolar da Xunta.

Coas verbas de Lete Lasa pechouse o acto de presentación. Agora a atención centrarase no deportivo, nunha liga que se presenta moi atractiva.

Redacción Salnés