Os forenses declaran que Maiz non tiña mermadas as súas facultades

    maiz100_160610.jpgPONTEVEDRA> O xulgado número 2 da Audiencia Provincial de Pontevedra acolleu hoxe a segunda xornada do xuízo contra Jaime Maiz, acusado do asasinato de Mari Luz Pose

    Hoxe declararon os forenses que aseguraron que o acusado non tiña mermadas as facultades mentais cando cometeu o crime. Os forenses encargados de evaluar o estado psíquico de Jaime Maiz, acusado de asasinar a Mari Luz Pose no Cuartel da Garda Civil de Cambados en decembro de 2007, aseguraron hoxe na segunda xornada do xuízo que o acusado non tiña condicionada a súa vontade cando cometeu o crime.

    Os peritos concluíron que Maiz non podía estar moi afectado no momento de realizar o disparo, pero non puideron precisar o grado de afección de alcol que tiña no momento dos feitos, se ben dixeron que debía ser lixeirísmo.

    Os especialistas afirmaron que o acusado, tralo crime, puido facer varios desprazamentos en coche e realizou un relato coherente do acontecido. Engadiron que no momento do disparo, controlou a traxectoria da bala para non ferir a un compañeiro.

    O argumento da embriaguez é o que esgrime a defensa para pedir a liberdade de Maiz. De non ser aceptada pedirá que sexa un atenuante de homicidio polo que a pena sería de 5 anos, polos 20 que pide a acusación, por asasinato con alevosía.

    A sesión desta mañá tivo momentos de especial crueza cana as partes visionaron primeiramente unha fotos do cadáver de Mari Luz Pose, outras da autopsia e un vídeo de 15 minutos gravado pola cámara de seguridade do cuartel no que se ve a sucesión dos feitos.

    Redacción Salnés