A alcaldesa pide axuda á Deputación para reformar as prazas

    praza_sanxenxo_100_180610 copy.jpg SANXENXO> Catalina González aproveitou a visita do presidente provincial para presentarlle o proxecto do que será o novo mercado de Sanxenxo.

    {flowplayer}images/salnes/LOUZAN_SANXENXO.flv{/flowplayer}
     
    O goberno municipal de Sanxenxo ten previsto acometer unha serie de reformas nas prazas de abastos para dar resposta ás necesidades que lle veñen planteando desde hai tempo os seus traballadores. Coa fin de solicitar axuda da Deputación de Pontevedra para poder facer fronte ós gastos das obras, Catalina González convidou ó presidente provincial, Rafael Louzán, a visitar os mercados de Sanxenxo e Portonovo. Trátase dunha medida provisional, pois o concello xa está traballando no borrador do que será o novo mercado de Sanxenxo, a falta de que se solucionen os problemas para a súa localización.
     
    De acordo co proxecto, a nova praza contará cunha planta principal na que se concentrarán os postos de produtos frescos, un entrechán con cafetería e outros locais destinados á venda de artigos non perecedeiros e dous sotos: o segundo cunhas 40 prazas de aparcamento para os usuarios e o primeiro destinado ós traballadores, con espazos de estacionamento, carga e descarga e as zonas das cámaras. Outro dos proxectos que está a piques de arrincar será a urbanización da avenida Luís Rocafor.
     
    Logo da visita ós mercados, os dous mandatarios trasladáronse ata o areal de Silgar para asistir ó izado dunha bandeira coa que se conmemorou o 25 aniversario de Turismo Rías Baixas.
     
    Redacción Salnés