O CD Ribadumia despídese da copa do rei plantándolle cara ao Cádiz

RIBADUMIA> O Ribadumia esperta do sono da copa do rei dando unha gran imaxe. O equipo do Salnés perdeu 0 a 2 fronte ao Cádiz da primeira división. O día despois do partido o equipo fai balance de todo o vido neste día histórico para o club e a vila.

Ribadumia viviu na noite de onte un día histórico tanto para o seu equipo de fútbol como para a vila. A formación do Salnés xogou por primeira vez a copa do rei e ante un club de primeira división, o Cádiz. O equipo espertou do sono perdendo por 2 goles ao cero pero ofrecendo unha boa imaxe.

Dende o equipo ribadumiense fan un balance moi positivo de todo o vivido, especialmente, polos afeccionados.

Dende o banquillo, o adestrador tamén mostrou a súa satisfacción pola imaxe ofrecida polos seus xogadores. Aínda que dende os ollos dun adestrador, sempre hai cousas que mellorar.

Nin o equipo nin a vila esquecerá todo o vivido no día de onte. Dende o club tamén quixeron destacar a proximidade do Cádiz e dos seus xogadores.

O Ribadumia ten agora un reto moi importante por diante, illarse de todo o vivido e volver á realidade que e ao seu obxectivo, a salvación en terceira división. Para alcanzalo o próximo rival será o Arenteiro que o domingo visitará a Senra.