![]()
CAMBADOS > Indignado. Así nos atopamos hoxe a un veciño de Cambados ó ver que alguén lle pintara con spray …
… a fachada da súa vivenda.
Así atopou un veciño de Cambados a súa vivenda ó espertarse esta mañá, pintada de spray azul e vermello tanto na pedra da fachada como polas fiestras e portas da casa. José Luís Casal, indignado, foi xa a primeira hora a interpoñer denuncia ó cuartel da Garda Civil.
Segundo indicou este veciño a Tele Salnés Barbanza, onde vive, a rúa Celso Emilio Ferreiro, non é unha zona problemática, aínda que noutras partes do pobo si ten constancia doutras actos vandálicos coma este. José Luís Casal cre que isto pode ser unha falcatruada dalgún rapaz aínda que afirma non sospeitar de ninguén. Agora o que lle queda é limpar a fachada e esperar que apareza o culpable.
Redacción Salnés









