O porto recupera a concesión da terminal de contedores

    puertas100.jpgVILAGARCÍA> ‘Hoxe é un día moi importante para a Autoridade Portuaria’. Así de contundente se manifestou hoxe o seu presidente Javier Puertas

    {flowplayer}images/salnes/puertas_tercovi18.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA> ‘Hoxe é un día moi importante para a Autoridade Portuaria de Vilagarcía’. Así de contundente se manifestou hoxe o seu presidente Javier Puertas ó comunicar a caducidade da concesión de Tercovi – Contenemar. O Consello do Estado vén de resolver o expediente contra a empresa que xestionaba ata o de agora a terminal de contedores de Ferrazo.

    Puertas lembrou que o proceso se iniciou en outubro do ano pasado cando o Porto alegou sete motivos para conseguir recuperar a concesión da terminal de contedores. En decembro do pasado ano engadiu unha oitava, sobre o impago das taxas do porto. A partir de aí todo foron boas novas para o Porto, sobre todo despois de que o Xulgado Mercantil de Madrid ditaminase que non había lugar a incorporar o expediente ó proceso concursal no que está inmersa Tercovi.

    Agora a terminal de contedores xa é propiedade do porto. Puertas indicou que se citou ó administrador concursal de Tercovi para o vindeiro mércores para que firma a acta de reversión. E xa desde este luns, o Porto retomou os contactos con tódolos operadores de terminais que estaban interesados. A intención é recuperar a actividade dos contedores antes de final de ano.

    A resolución do Consello de Estado indica que Tercovi carece de dereito a indemnización polas obras feitas na terminal de Ferrazo. O vindeiro mércores abrirase un prazo de 15 días para que retire os elementos móbiles que estableza o Avogado do Estado.

    Redacción Salnés