Guerra formaliza a oficina provincial de atención ó consumidor

    oficina_consumidor_copia100.jpgPONTEVEDRA> Esta mañá, o Rafael Louzán, o conselleiro de Industria, Javier Guerra e a Directora Xeral de Comercio, Nava Castroasinaron o convenio co Instituto Galego de Consumo.

    {flowplayer}images/salnes/OFICINA_PROVINCIAL_CONSUMIDOR.flv{/flowplayer}

    Esta oficina provincial de información ó consumidor, vai prestar servizo e asesoramento, ós cidadáns da capital e ós concellos da provincia, que non dispoñan dunha oficina municipal.Atenderase de maneira directa ós consumidores e usuarios, así como carencias dos concellos da provincia e promoverase a resolución extraxudicial dos conflitos e as reclamacións.

    A posta en marcha deste servizo, da resposta a un dos compromisos prioritarios do departamento de Javier Guerra: mellorar o servizo de atención e información ós consumidores galegos dun xeito coordinado. A través desta colaboración entre institucións búscase dar maior rapidez de resposta á queixas e dúbidas emitidas polos consumidores.

    O conselleiro de Economía afirmou que se van ampliar o número de inspeccións. A todo isto hai que sumarlle a creación de 6 observatorios de análises de consumo.

    Esta acción pioneira súmase á recente presentación do novo plan de financiamento das asociacións e federacións de consumidores de Galicia, que dota con 605.000 euros, a estes colectivos.

    Redacción Salnés